publicidade hoxe

O Concello de Cortegada ofertará clases de reforzo educativo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCortegada
A-
A+

O Concello de Cortegada, vai por en marcha ata o remate do curso escolar en xuño, accións de apoio e reforzo educativo para os rapaces censados en Cortegada que cursen Educación Secundaria Obrigatoria e para os alumnos do CEIP Otero Novas.

Estas accións, consistirán en impartir clases de apoio escolar nas materias que os alumnos necesiten reforzar, segundo as necesidades de cada un ou; un apoio xeral en tódalas materias do curso.

A formación académica é o factor máis importante para desenvolver no futuro un posto de traballo. A educación é a ferramenta que move a día de hoxe o mercado laboral. Hai que ter en conta que no momento actual de crise, os postos de traballo son escasos e os mozos e mozas terán que competir por un deles, séndolle de enorme importancia a súa correcta formación educativa e cultural.

O Concello aportará a maior parte do custe económico, o 70% e, os alumnos deberán sufragar o outro 30%.

Os alumnos de infantil e primaria recibirán clases unha hora diaria e, os alumnos de ESO, Bacharelato e PCPI, 2 horas diarias.

Así o Concello de Cortegada, sendo consciente, da enorme importancia da formación académica dos seus nenos, nenas, mozos e mozas, ofrece un apoio educativo, coa finalidade de que os alumnos non teñan que desprazarse a outros sitios como Ribadavia ou Ourense.

13 de xaneiro de 2015 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.