publicidade hoxe

O Concello de Cervo repartiu 130 composteiros entre os veciños fomentando a reciclaxe de residuos orgánicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo fixo balance do programa de compostaxe doméstica que ten activo co obxectivo de promover a reciclaxe e reutilización dos residuos orgánicos domésticos e contribuír co medio ambiente. Nos últimos anos, o goberno local ten entregado de forma gratuíta un total de 130 composteiros ao mesmo número de familias cervenses. Desta maneira, son máis de 100 fogares os que practican compost a través destes dispositivos facilitados polo Concello.

Todos os anos o goberno local reparte novos lotes para seguir estendendo este hábito, sempre tendo en conta a demanda dos veciños. No 2014 entregáronse 20 composteiros, e no primeiro trimestre de 2015 está previsto outro reparto, que se fai sempre por orde de solicitude. Por iso, o Concello informa de que para obter un composteiro é necesario anotarse, contactando co departamento de Medio Ambiente.

Uns actos nos que, ademais de facilitar os composteiros, o Concello dá consellos prácticos sobre a súa utilización, “porque tan importante es practicar el compostaje como sacarle provecho y conseguir un compost de calidad” asegura a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.

“Hay que tener en cuenta que el proceso es muy sencillo, siempre que se haga de la forma correcta, echando solamente los residuos indicados y siguiendo ciertas rutinas de mantenimiento”, engade Alonso. Pero ademais, os veciños teñen á súa disposición un servizo de asesoramento continuado para resolver calquera dúbida. Ao mesmo tempo, faise un seguimento para comprobar e garantir que o composteiro se está utilizando correctamente.

16 de xaneiro de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.