publicidade hoxe

O Concello de Arzúa presenta a programación completa do Entroido 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o Entroido tres días de actividades co protagonismo dos disfraces, da música e da diversión.

O pistoletazo de saída da programación entroideira será o sábado 14 de febreiro coa Cea-Baile. Será ásdez e media da noite no Recinto Feiral “Terra do Queixo” cun menú a base de sopa mariñeira, carne asada con gornición, flan de queixo de Arzúa, viño, café e licores. A entrada custa 15 euros e haberá baile abertoco dúo musical “La Hora Bruja”. Esta actividade está organizada pola Asociación Festa da Gaita Galega en colaboración co Concello de Arzúa.

Ao día seguinte, o Domingo de Entroido, Arzúa acollerá dende as cinco da tarde o desfile do Concurso de Disfraces que sairá do recinto feiral, percorrerá as principais rúas da vila e rematará de novo no recinto coas actuacións e coa entrega dos premios que ascenden a dous mil euros repartidos entre as catro modalidades (comparsas, grupos, individual infantil e individual adulto).

O martes día 17 de febreiro rematará a festa cun Baile de Entroido pola tarde no que os asistentes poderán bailar co dúo musical “Caramelo” e desfrutar dunha merenda a base de chocolate e biscoito. Tamén haberá inchables e xogos infantís. Todo isto será de seis a nove da tarde no Recinto Feiral “Terra do Queixo”.

Dende o Concello de Arzúa, o alcalde, José Luis García, asegura manter o nivel da programación como en anos anteriorese amosouse moi satisfeito “por ofertar actividades para todas as idades e por manter a celebración destafesta tan tradicional e arraigada na nosa cultura”.

22 de xaneiro de 2015 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.