O Concello da Laracha e o Hospital Veterinario Xarope colaboran coa asociación Amigos dos Cans
O Concello da Laracha, o Hospital Veterinario Xarope e Don Agro doaron á Asociación Amigos dos Cans cincocentos quilos de pienso co dobre obxectivo de colaborar coa citada entidade e mostrar o seu apoio á labor que están a desenvolver en diferentes municipios da comarca de Bergantiños.
O alcalde, José Manuel López Varela, e un dos xerentes da clínica, Gerardo Méndez, fixeron entrega dos sacos de comida para os cans á presidenta da entidade, Araceli Vila, nas propias instalacións do centro veterinario, situadas na larachesa rúa Santa Lucía.
A Asociación Amigos dos Cans posúe un centro de acollida en Carballo e realiza unha importante función de recollida de cans abandonados na Laracha e noutros municipios próximos.
Ademais, esta entidade ofrece a posibilidade a calquera particular que así o desexe de adoptar cans con todas as vacinas ao día e o correspondente microchip.











