O Concello da Coruña repón 4.000 metros cadrados de firme na avenida Salgado Torres
O Concello da Coruña, a través da área de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa dos traballos que se están a realizar co obxectivo de reparar as lousas de formigón armado da avenida Salgado Torres entre a intersección das rúas Fernando Rey Fernández Latorre e Ramón e Cajal, ata a rúa Xeral Rubín, para conectar co fin de obra do tramo da autovía das Lonzas-Zapateira.
En total actúase nun tramo de 600 metros e repoñeranse 3.842 metros cadrados de calzada. As obras consisten na demolición e reposición das lousas de formigón armado da calzada, a reposición da sinalización horizontal e outras actuacións complementarias.
As obras, que forman parte do plan de reparación de firmes e pavimentos de calzadas, contan cun investimento de 326.364,40 euros e está previsto que rematen a finais de marzo, xa que o prazo de execución é de dous meses e medio.
Con motivo desta actuación, ata o 27 de febreiro, será necesario o corte de tráfico rodado en sentido saída da cidade no túnel da avenida Salgado Torres. Habilitarase no actual sentido entrada cidade do túnel a circulación en dobre sentido.











