O Concello da Coruña iniciará en febreiro obras de mellora na Casa de Cultura Salvador de Madariaga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña acometerá, a partir de febreiro, unha serie de reparacións na Casa de Cultura Salvador de Madariaga, situada na rúa Durán Loriga, número 10, un edificio que alberga no seu interior diversos organismos e no que se detectaron unha serie de deficiencias sobre todo nas cubertas e en materia de humedades.

A tenente de alcalde de Administración Pública e Facenda, Rosa Galego, visitou as instalacións en compañía do xefe de servizo de edificación e do presidente da Real Academia de Medicina -un dos organismos situados no edificio-, José Carro Otero, para coñecer in situ as melloras que se van levar a cabo.

A actuación, cun prazo de execución de 3 meses e un presuposto de case 66.000 euros, incluirá os seguintes traballos:

. Reparacións en zonas comúns.

. Reparacións na Biblioteca de Estudos Locais.

. Reparacións nas dependencias do Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide.

. Reparacións no Arquivo Histórico Municipal.

. Reparacións na Academia de Medicina.

. Reparacións no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI).

As medidas adoptadas teñen como obxectivo aumentar a durabilidade e reducir o mantemento posterior.

25 de xaneiro de 2015 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.