O Concello da Baña incorpórase á plataforma de facturación electrónica
O Concello da Baña retificou no pleno da Corporación celebrado hoxe o decreto nº3/2015 da Alcaldía relativo á inclusión deste Concello na plataforma de facturación electrónica FACE. Asimesmo deu ‘luz verde’ ao expediente de solicitude de subvención para o proxecto de ‘aforro enerxético nos alumeados públicos da Baña e Negreira na zona de Xanín’ para executar no presente exercicio. O Pleno da Corporación celebrouse a última hora desta mañán.
O Concello da Baña incorporouse recientemente á plataforma electrónica FACE (Punto General de Entrada de Facturas Electrónicas do Ministero de Facenda e Admistración Públicas) para dar un impulso á factura electrónica e crear un rexisto contable de facturas. O Concello acolleuse así ás novas condicións do pagamento a proveedores. O sistema xa está operativo. O Concello da Baña deberá a partir de agora expedir e remitir factura electrónica sempre que o importe sexa de máis de 5.000 euros, tal e como sinala o artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro. As facturas por debaixo desa cantidade poderían quedar excluidas, ainda que teñen a opción de expedir e remitir tamén factura electrónica.
Por outra banda, o pleno da Corporación da Baña de hoxe aprobou dar curso ao expediente de solicitude de subvención de ‘aforro enerxético nos alumeados públicos da Baña e Negreira, na zona de Xanín’, para executar no ano 2015. O investimento deste proxecto suma 119.000 euros co IVA incluído. O proxecto afecta á zona de Xanín e á avenida das Brañas. Esta zona é onde se atopan os lindes dos dous concellos, na vía AC-444 que comunica a rontonda de Ceilán, no concello de A Baña, coa vila de Negreira. Esta rontonda, que tamén recibirá a actuación do proxecto cunha mellora da calidade do alumeado, canaliza tamén parte do tránsito de vehículos que acceden a Negreira ou a A Baña a través da AC-544.
Os dous concellos presentan o proxecto de mellora do alumeado ante Vicepresidencia da Xunta. O plan de aforro enerxético consiste na renovación do alumeado público, a través de báculos inox, desta zona onde conflúen os límites dos municipios. A actuación afecta nun 75% ao Concello da Baña e nun 25% ao de Negreira. E afectará á rotonda que distribue o tráfico da AC-544, a Duomes de Abaixo, e a travesía que comunica esta rotonda coa vila de Negreira ao se paso por Xanín. A zona que recibirá esta actuación en Negreira é a avenida das Brañas. O Concello da Baña confía en que o proxecto poida desenvolverse nos próximos meses.