O Club de Leóns de Oleiros organiza o primeiro concerto de Aninovo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Club de Leóns de Oleiros, coa colaboración do Concello de Oleiros, organiza o seu I Concerto de Aninovo o vindeiro mércores 28 de xaneiro ás 20.00 no auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo. Nesta ocasión, tomará parte o grupo de cámara Artemis Ensemble, fundado en Viena no ano 1990 e composto por Fumika Yamamura, Déborah Gonsalves, Berthold Hambuerger, Gabriel Bassi e Juan Ferrer Clarinente. Todos eles músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia. O concerto terá unha duración dunha hora na que o público asistente poderá gozar na primeira parte de pezas de Mozart e na segunda de Weber. A entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.

21 de xaneiro de 2015 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.