O CIM abrirá todos os xoves pola tarde a partir da vindeira semana
Coincidindo co comezo do novo ano 2015, o Concello da Laracha ampliará o horario de apertura e atención ao público do Centro de Información ás Mulleres (CIM). A partir da próxima semana as oficinas abrirán todos os xoves pola tarde, de 17:00 a 20:00 horas, manténdose de luns a venres o horario polas mañás (8:30 a 15:00 horas).
O CIM é un servizo gratuíto de carácter permanente que ten por obxectivo atender as demandas e necesidades das mulleres e dos mozos do Concello de forma individualizada e confidencial, ofrecendo asesoramento, orientación profesional e atención xurídica e psicolóxica, así como asistencial específica para mulleres vítimas da violencia de xénero.
A través do CIM da Laracha tamén se desenvolven diversas actividades e obradoiros que se imparten nos centros de ensino co propósito de previr e evitar o xurdimento de condutas impropias entre a xuventude, especialmente relacionadas con calquera tipo de violencia, as drogodependencias, as adiccións e os malos hábitos.
O CIM da Laracha está situado no novo edificio administrativo (Avenida Fisterra, 60).











