O ciclo de cine en versión orixinal subtitulada acollerá as grandes obras Scorsese

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, Manuel-Reyes García Hurtado, deu conta hoxe na comisión informativa da área do novo ciclo de cine en versión orixinal subtitulada en español (VOSE) que se desenvolverá nos vindeiros meses de febreiro, marzo e abril. As proxeccións terán lugar os xoves ás 20:30 horas nos Cines Dúplex, situados no barrio de Esteiro, e a entrada será gratuíta.

Os espectadores poderán gozar, durante estes tres meses, coa proxección das grandes obras audiovisuais do director Martin Scorsese. A programación prevista para as proxeccións en versión orixinal subtitulada é a seguinte:

Febreiro

– 12 de febreiro: “Gangs of New York” (2002)

– 19 de febreiro: “Uno de los nuestros” (1990)

–  26 de febreiro: “Shutter Island” (2010)

Marzo

–  05 de marzo: “Toro Salvaje” (1980)

– 12 de marzo: “Casino” (1995)

– 19 de marzo: “El Cabo del miedo” (1991)

– 26 de marzo: “Infiltrados” (2006)

Abril

– 09 de abril: “El lobo de Wall Street” (2013)

– 16 de abril: “Taxi Driver” (1976)

30 de xaneiro de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.