O certame literario “Carme Loureiro” de microrrelatos e micropoesia outorga seis galardóns e cinco accésits
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, que dirixe Martina Aneiros Barros, ven de anunciar o fallo do xurado da primeira edición do Certame Literario “Carme Loureiro” de microrrelatos e micropoesía, que convocou conxuntamente coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL). Un total de 12 centros de ensino non universitario da comarca de Ferrol, oito da cidade naval, participaron nesta primeira edición que establece tres categorías nas dúas modalidades do certame segundo os estudos que cursa o participante: 1º e 2º de ESO, 3º e 4º de ESO, e Bacharelato e Ciclos.
Así as cousas, os oito centros educativos de Ferrol participantes foron o IES Concepción Arenal, IES Saturnino Montojo, IES Carballo Calero, IES Ferrol Vello, IES Sofía Casanova, CPR Compañía de María, CPR Tirso de Molina e CPR Sagrado Corazón. O xurado do certame literario destacou o bo nivel e a alta calidade dos 46 traballos presentados trala selección realizada polos propios centros de ensino. Así, a relación de gañadores de cada unha das modalidades e categorías é a seguinte:
Modalidade de microrrelatos
– Categoría A: “O laboratorio sete”, Lola Arbizu Rodríguez.
– Categoría B: “A nena da choiva”, Lucía Rico Montero.
– Categoría C: “Un número máis”, Paula García Domínguez.
Modalidade de micropoesía
– Categoría A: “Lembranza”, María Pillado Rico.
– Categoría B: “Ti”, Inés Lamas Cartelle.
– Categoría C: “As tebras que envolven o corazón”, Ainhoa López Rodríguez.
Ademais, o xurado acordou conceder un total de cinco accésits nalgunha das categorías de microrrelatos e micropoesía. Así, a relación de premiados con accésit é a seguinte:
Modalidade de microrrelatos
– Categoría C: “Novembro”, Sarai Pico Suárez.
Modalidade de micropoesía
– Categoría A: “Palabras voan”, María Novo Varela; e “Nubes de verán”, Sara Castro Dafonte.
– Categoría C: “Ela suspiraba en silencio”, Tania Arias Cailleau; e “Atenea veu ao mundo gritando”, Paula Freire Cabanas.











