O centro sociocultural de Santa Margarida acolle unha “historia de inverno”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaCalendario
A-
A+

O centro sociocultural de Santa Margarida de Montemaior (antigo hospital dos peregrinos) acollerá este xoves a partir das 19:00 horas unha Historia de inverno, actividade que se desenvolve no marco do programa do II Inverno Ancestral que organiza a Asociación Ambiental Senda Nova coa colaboración do Concello da Laracha e a Asociación Cultural de Montemaior.

Esta iniciativa ten por propósito recuperar aquelas historias, contos e lendas que foron pasando de pais a fillos e que os nosos maiores contaban nas noites de inverno a carón das lareiras.

Leonardo Tuset e Jesús Suárez serán os narradores da xornada deste xoves e contarán coa colaboración de Adrián Souto, que fará de moderador do acto.

Trátase dunha actividade dirixida a todos os públicos. Non se require de inscrición previa e a asistencia e participación é totalmente gratuíta.

5 de xaneiro de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.