publicidade hoxe

O CEIP Serra Vincios celebrou o Día da Paz cunha xincana para a recollida de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Xincana

Xincana

A comunidade educativa do CEIP Serra Vincios organizou para os seus alumnos unha Xincana no Día da Paz, que tivo por finalidade a recollida de alimentos non perecedoiros. Así mostraron a súasolidariedade coas persoasmáis necesitadas residentes no Concello Estas actividades de dinamización e participación social destinadas ao público infantil teñen o propósito de concienciar a alumnos e alumnas o esforzo e traballo en grupo, seguidas dunha serie de actividades que ademaisserviron para exercitar as habilidades motoras tanto dos alumnos coma dos profesores que foron os últimos en realizar o percorrido, todo isoco fin de alcanzar o obxectivo marcado, que consistía en conseguir patrocinadores, cun máximo de 6 por alumno, o que levaría a 6 Kg de produto por neno.

Esta iniciativa tivomoi boa acollida entre as familias e os alumnos, todos participaron nela con moito entusiasmo, cun total de 161 alumnos/ás de Infantil e Primaria e 16 profesores do claustro.
Á terminación do acto todo unidos entoaron a canción de Magin Blanco “Meu amor estoupa”.

O próximo xoves día 5 de febreiro será o Concello de Gondomar o que recolla os alimentos conseguidos, que serán destinados áspersoasmáis necesitadas de Gondomar.

30 de xaneiro de 2015 | 20:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.