O Carballiño aplicará a nova factura electrónica para provedores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño aplicará a nova fórmula establecida polo ministerio de Facenda para a presentación de facturas de provedores. Este novo sistema será por vía electrónica, debendo entregar o provedor esta factura a través do sistema telemático posto en marcha dende o ministerio a través da páxina web: https://face.gob.es/es/

Malia todo, e para facilitar os trámites aos provedores, o concello do Carballiño acordará en sesión plenaria un límite na contía das facturas que se deberán presentar de forma electrónica. Así todas as facturas inferiores a 3.000 euros, poderán seguir presentándose da forma ordinaria.

Para poder realizar este trámite de forma ordinaria o concello deberá aprobar en sesión plenaria esta medida, sesión que se celebrará neste mes de xaneiro.

Desta forma O Carballiño aplicará as medidas establecidas na lei 25/2013, e ao mesmo tempo facilitar a presentación de facturas aos provedores, establecendo o citado limite de contía.

Dende a área de facturación do concello do Carballiño estase a informar xa destes cambios aos actuais provedores municipais.

14 de xaneiro de 2015 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.