publicidade hoxe

O Carballiño acolle a representación de “O último dragón”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Carballiño
A-
A+

Sarabela Teatro presenta “O ÚLTIMO DRAGÓN” no auditorio do Carballiño. A representación terá lugar o sábado, 17 de xaneiro, ás 18,00 h. a un prezo de 3,5 euros.

O dragón desta peza de Sarabela non é un dragón do común, trátase do derradeiro da súa especie porque os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o seu espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo achéganse ao fondo da cova onde vive para acabar con el e cumprir así a tradición, o noso amigo négase a moverse: – “para que vou eu querer ser unha princesa?” -di.

– “Para comela, non?” – Contéstalle a princesa treméndolle un pouquiño a voz.

– “Un corno vou comela” –dixo o dragón molesto pola insistencia dos mozos. Nin sequera se me ocorrería tocar unha cousa tan horrible!

Baixo unha estrutura clásica, relendo e inspirándose en autores como E. Nesbit ou Kenneth Grahame, Sarabela teatro constrúe unha brincadeira na que nada é o que parece. En tempos de cabaleiros e torneos a princesa Celia o seu amigo Telmo, príncipe interino, e o dragón protagonizan unha historia de amizade, reivindicando o pacifismo e a tenrura como fórmula ideal para relacionarse.

13 de xaneiro de 2015 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.