O Burela Pescados Rubén cae ante o Peñíscola Bodegas Dunviro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Encontro Peñíscola - Burela

Encontro Peñíscola – Burela

O Burela Pescados Rubén cae na complicada pista do Peñíscola Bodegas Dunviro (4-1) nun choque que se decidiu no tramo final. O encontro caracterizouse pola iguadade entre ambos conxuntos que exerceron unha forte presión sobre o rival. A claridade defensiva contrastaba coas sombras en ataque de dous equipos que erraban no último pase para poder xerar perigo . Sen incidencias no marcador chegouse ao descanso e na continuación o guión mantívose. Moita intensidade e máxima concentración na pista sen que ningún dos equipos realizase concesións ao seu rival.

O equilibrio rompeuse co 1-0 logrado por Juanqui, minuto 30, que propiciou un cambio de rumbo no encontro. O Burela Pescados Rubén reaccionou e xerou maior perigo a un Peñíscola que defendía a súa renda con apuros. O conxunto mariñao acariñaba o empate no seu mellor momento do choque pero un contragolpe local finalizado por Míchel supuxo o 2-0, minuto 36. O 2-0 acelerou o encontro cun Burela Pescados Rubén que apostou polo xogo de cinco e tivo ocasión de recortar aínda que o Peñíscola estivo máis certeiro para sentenciar o partido por mediación de Gonzalo, minuto. 38. Axiña acurtou distancias Matamoros (3-1) ao aproveitar o rexeite de Iván no lanzamento de penalti do propio killer laranxa. Nos instantes finais Yeray redondeou a vitoria co 4-1 final.

24 de xaneiro de 2015 | 22:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.