O Burela dá a benvida a 2015 na pista do líder

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados  Rubén dá a benvida a 2015 mañá na pista do líder -actual campión de Liga e Copa de España-, Inter Movistar (Fundación Montemadrid, 18.00 horas), rival co que tamén quixo o destino que se mida na súa estrea da Copa de España de Cidade Real (12-15 de marzo).

Con 37 puntos e sen coñecer aínda a derrota, os interistas capitanean a clasificación, con 12 vitorias e 3 empates; tan só ElPozo Murcia (2-2, xornada 6), Marfil Santa Coloma (3-3, xornada 7) e Levante (2-2, xornada 14) foron capaces de arrebatarlles puntos. “Sabemos que é un rival moi complicado; non perdeu no que vai de tempada e está atravesando un momento excepcional. Con todo nós sairemos, coma sempre, a gañar; a clasificación para a Copa de España deunos moita confianza e esperemos que tamén nos axude cun empurrón para a segunda volta” explicaba o técnico burelista, Juanlu.

A expedición laranxa viaxou hoxe a Alcalá de Henares coa única baixa de Miguel; logo de case dous meses, Jorge Bellvert volve á convocatoria, recuperado xa da súa lesión. A última sesión da semana está prevista para esta tarde, a partir das 19.00 horas.

En Vista Alegre, o electrónico decantouse a favor dos madrileños por un axustado 0-1.

2 de xaneiro de 2015 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.