O alcalde de Vilagarcía xestiona o asfaltado de Doutor Tourón e as beirarrúas de Bamio
O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, desprazouse esta mañá a Pontevedra co obxectivo de axilizar a realización de varias actuacións demandadas dende o Concello. La reunión mantida co delegado provincial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e co xefe territorial de Carreteras, fíxose seguimento dos trámites para o remate do asfaltado de Rosalía de Castro, así como da construción de beirarrúas en Bamio e a mellora do firme do último tramo de Doutor Tourón.
O rexedor confirmou en Pontevedra que as dúas peticións realizadas dende Ravella foron tidas en conta pola administración autonómica que xa iniciou a súa tramitación. Carreteras dispón xa dos estudios económicos relativos á construción de beirarrúas na estrada vella de Bamio e tamén para o asfaltado do tramo de Doutor Tourón que vai dende a rotonda do enlace do Porto ata o cruce coa rúa Matosinhos. Este traxecto atópase en bastante mal estado, especialmente despois dos semáforos das Pistas, polo que o Concello xestionou a súa mellora.
Unha vez confirmado o remate dos estudios económicos, agora as propostas serán remitidas á Consellería de Política Territorial a efectos de que as actuacións sexan dotadas de partida económica con cargo aos presupostas da Xunta deste ano. Fole Díaz comentou que nos próximos días porase en contacto co conselleiro a efectos de avanzar nestes dous asuntos.
Outro dos temas tratados na reunión desta mañá en Pontevedra, foi o relativo ao remate da obra da avenida Rosalía de Castro. A Xunta de Galicia procedeu hai uns meses ao asfaltado desta vía pero a actuación -que abarcaba dende o enlace da circunvalación ata a Praza da Constitución- non convenceu ao goberno vilagarciá debido ás deficiencias que presentaba. Tal como se comprometeran no seu día En resposta á demanda realizada polo alcalde para solventar a situación nunha das principias arterias de comunicación da cidade, os responsables autonómicos comunicáronlle hoxe que ya está presupuestada a actuación a realizar para completar a obra. Os traballos incluirán o asfaltado de toda a calzada, incluídas as zonas de aparcamento, arranxo de deficiencias e levantamento das tapas dos sumidoiros. O investimento necesario supera os 240.000 euros. Unha vez concluído este trámite, a Consellería deberá habilitar o gasto e licitar a obra, asunto que Fole tamén tratará nos vindeiros días co conselleiro para solicitar celeridade nos prazos a efectos de que a obra poida rematarse canto antes tanto por comodidade para os condutores como por razóns se seguridade viaria.
No ámbito da mellora das vías de comunicación da cidade, o alcalde tamén contactou hoxe mesmo con Fomento a efectos de interesarse polo comprometido asfaltado da Avenida de Rubiáns. O responsable do Ministerio en Galicia informoulle de que esta actuación inclúese nun paquete con outras obras similares a realizar en outros municipios e que se tramitan de forma conxunta. De feito a finais de mes está prevista una reunión no departamento ministerial para concretar prazos de execución.











