O alcalde de Vilagarcía recibirá á asociación veciñal de Vilaxoán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, reunirase a principios da próxima semana aos representantes da asociación de veciños de Vilaxoán. O rexedor dixo que “estarei encantado de recibilos”, aínda que lembrou que a atención primaria e máis rápida é a que realizan sobre o terreo os concelleiros delegados, como xa teñen demostrado en numerosas ocasións cos veciños de Vilaxoán.”

Fole non entende o malestar expresado polo colectivo xa que practicamente todas as peticións que realizaron nos últimos tres anos e medio ao Concello foron atendidas polos correspondentes edís do goberno local e as actuacións foron realizadas directamente polo Concello ou xestionadas por este ante outras administracións. Neste punto, o rexedor atribúe parte deste malestar á que a nova directiva non estea ao tanto de todas as reunións e encontros que mantiveron os anteriores cargos ao longo deste tempo con diferentes concelleiros do grupo de goberno e a resposta dada ás demandas trasladadas. Ademais, insistiu en que precisamente os alcaldes delegan competencias nos concelleiros para un mellor e máis axil funcionamento da administración local.

O alcalde rebate os reproches de abandono de Vilaxoán que fan os veciños cunha longa lista de obras e actuacións desenvolvidas neste tempo na parroquia de San Martín de Sobrán en distintos ámbitos. So por poñer uns cantos exemplos, os traballos para recuperar a bandeira Azul na praia do Preguntoiro, a creación e posterior ampliación do paseo no esteiro do Rial, as xestións para retirar as varandas en mal estado da praia e substituílas pola balaustrada característica do municipio.

En máis dunha ocasión realizáronse labores preventivas de limpeza de tragantes e canalizacións da recollida de pluviais na Rúa O Freixo, atendéronse e xestionáronse peticións da Confraría ante os órganos competentes para o dragado de zonas. Actuouse no centro sociocultural veciñal e deportivo, pintouse o salón de actos, fíxose un estudio para ampliar a beirarrúa, fixéronse as xestión ante Portos de Galicia, titular dos terreos, para acometer a obra.

Fíxose o estudo para a reparación da Fonte da Praza de Rafael Pazos e que se pretende executar en 2015, realizáronse melloras na rúa Salaregui e bacheouse a Rúa da Bouza.

O alcalde convén en que sempre quedan cousas por mellorar ou realizar, pero tamén aclara que o Concello ten que atender a todas as parroquias que o conforman e os recursos non chegan para todo, por iso hai que ir repartindo e priorizando.

Por último, Fole restoulle importancia ao enfado dos representantes da asociación dicindo que si a causa é que queren falar directamente comigo, non hai problema” Por confirmar a dispoñibilidade dos veciños, a idea é celebrar o encontro o vindeiro martes.

8 de xaneiro de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.