O alcalde de Oleiros reúnese cos propietarios da futura urbanización das Viñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá en casa Charry unha reunión cos propietarios e propietarias da futura urbanización das Viñas, en Perillo, para informarlles de como se levará a cabo o proceso de urbanización nesta bolsa de chan e de como se adxudicarán as unidades construtivas derivadas deste paso.

Así mesmo, o rexedor transmitiu aos propietarios e propietarias que contan coa posibilidade de sufragar as obras de urbanización con unidades construtivas, o que permitiría realizar a obra sen que os veciños e veciñas teñan que levar a cabo un desembolso en metálico, posto que pagarían con parte do seu aproveitamento urbanístico.

García Seoane tamén lles transmitiu a modificación no Plan Xeral en relación á porcentaxe de vivenda protexida que paso dun 40% nesta zona a un 10%, polo que a futura venda de vivendas non se ve afectada pola pésima situación que atravesa a vivenda protexida en Galicia ao quedarse sen axudas dos gobernos estatal e autonómico. Para rematar, o rexedor sinalou que existe a posibilidade de que aqueles propietarios e propietarias que non conten coa parcela mínima con aproveitamento urbanístico vendan a súa propiedade ao Concello, que as adquirirá nestes casos.

9 de xaneiro de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.