O alcalde de Nigrán participa no acto da Deputación de Pontevedra celebrado en FITUR

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+
O alcalde de Nigrán en Fitur

O alcalde de Nigrán en Fitur

O alcalde de Nigrán e deputado provincial, Alberto Valverde, participou no acto da Deputación de Pontevedra celebrado hoxe na Feira Internacional de Turismo, FITUR 2015. A calidade das súas praias -Pontevedra é a provincia con máis bandeiras azuis de Galicia- e as festas tradicionais foron os atributos que o ente provincial promoveu na maior feira turística do país.

Na foto, o alcalde acompañado da Secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Borrego, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a Secretaria Xeral de Turismo de Galicia, Lameira Castro, a concelleira de Medio, Territorio e Infraestrutura, Ethel Vázquez.

30 de xaneiro de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.