O alcalde de Ferrol confirma a renovación integral este ano da estrada principal e o Camiño da Pega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou hoxe Santa Icía onde se reuniu cos representantes da asociación de veciños co obxectivo de repasar as actuacións de mantemento e mellora desenvolvidas no barrio ao abeiro da cuarta fase do Plan de Barrios. O primeiro edil da cidade estivo acompañado polos concelleiros de Medio Ambiente e Servizos e de Zona Rural, Borja Carro Muñoz e José Polo Veiga, respectivamente. No encontro tamén participaron os supervisores dos servizos municipais: Policía Local, Obras e Augas, Parques e Xardíns, Iluminación…

Jose Manuel Rey anunciou a próxima execución dunha das peticións máis importantes de Santa Icía que é a renovación integral do pavimento do Camiño de A Pega, que se acometerá a principios deste ano. Así mesmo, o primeiro edil da cidade comunicou os representantes da entidade veciñal tres actuacións de mellora máis: a renovación completa do pavimento da estrada de Santa Icía, que costará 140.000 euros; o acondicionamento dos accesos dende Aldea ata A Pega; e a pavimentación do que resta a pista de Leixa. Estas últimas tres intervencións de renovación viaria se acometerán con cargos ao Plan de Obras e Servizos (POS-2015) da Deputación Provincial da Coruña. Así mesmo, o rexedor municipal avanzou que se incluirá ao barrio dentro da renovación de parques e espazos recreativos, o que permitirá dotar a Santa Icía de un parque biosaudable. Jose Manuel Rey tamén indicou que se mellorará o equipamento escénico e técnico do salón de actosl do local social como se está levando a cabo a través da Concellería de Cultura en tódolos centros.

Plan de Barrios

En canto ás tarefas de mellora e mantemento acometidas no barrio de Santa Icía polos servizos municipais e empresas que traballan para o Concello, o alcalde de Ferrol resumiu as actuacións máis destacadas levadas a cabo ao abeiro da cuarta fase do Plan de Barrios. Estas son:

– Roce e chapeo en todo o barrio, con especial atención á estrada Pallota, zona da residencia, zona do local social, urbanización Ciudad Jardín, O Boial, e os solares anexos ao local social e ao Campo da Festa.

– Lavado e baldeo en tódalas rúas, especialmente na urbanización Ciudad Jardín e O Boal.

– Limpeza e reparación de contedores e papeleiras. Ademais da instalación de dúas papeleiras na estrada da Pallota cruce con Buque Escuela Galatea.

– Actuacións de mantemento preventivo e control de calidade do servizo de augas.

– Un total de 8.670 metros cadrados de mantemento de zonas verdes así como traballos de poda nas proximidades do Arquitecto Marcide.

– Limpeza e reparación de catro marquesinas na estrada de Santa Icía.

– Revisión de funcionamento e estado dos xogos no parque infantil.

16 de xaneiro de 2015 | 20:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.