O alcalde de Ferrol adianta aos veciños da Graña a proposta de saneamento integral

Rey Varela na reunión cos responsables veciñais
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou esta mañá A Graña onde mantivo unha xuntanza de traballo cos responsables veciñais para repasar as actuacións de mellora e mantemento executadas nesta zona dentro da cuarta fase do Plan de Barrios. Jose Manuel Rey estivo acompañado dos concelleiros de Servizos e Medio Ambiente, e da edil de barrio, Borja Carro Muñoz e María del Carmen García Fraga, respectivamente; así como dos supervisores dos servizos municipais.
Ademais de repasar as intervencións dos servizos municipais –renovación de viarios, limpeza, pintado e sinalización, iluminación, abastecemento de auga, conservación de zonas verdes e parques infantís-, o primeiro edil da cidade avanzou á directiva da Asociación de Veciño as obras de saneamento que se acometerán na Graña e que estarán plenamente en servizo no segunte mandato, en concreto no ano 2016. Ao respecto, Jose Manuel Rey explicou que o proxecto de obra elaborado -que nestes momentos se encontra en fase de revisión por parte dos técnicos municipais- contempla un investimento de 1.324.000 euros e un prazo de execución de seis meses. A proposta da intervención permitirá conectar as viviendas e inmobles da Graña co colector xeral de saneamento e levar as augas residuais á estación de bombeo situada na Cabana, sen necesidade de infraestruturas de impulsión.
Plan de Barrios
En relación aos traballos do Plan de Barrios, Jose Manuel Rey destacou os máis de 60.000 euros de investimento en renovación de viarios, coa execución do tramo dende o túnel ata o caso urban ou do treito situado no parque infantil de A Graña. Ademais, a mellora de viarios se completará coa reparación en aglomerado de varios treitos da rúa Real Baixa que están incluídos no plan de reparacións do servizo de Reparación e Mantemento de Infraestruturas Viarias do Concello de Ferrol.
Ademais, o alcalde detallou outras das actuacións realizadas en A Graña ao abeiro deste plan de coordinación de servizos:
– Roce e chapeo en todo o barrio con especial atención á zona das rúas Real Alta, Real Baixa, Blanco Amor, Camiño Vello, Escorial, Baqueiro, praza Pardo de Cela, Rosas, Camiño da Perdiz, Camiño Vello o paseo e acceso as praias. Ademais de traballos especiais de roce e limpeza do Camiño de San Bernardo e do lavadoiro da Perdiz.
– Actuacións de mantemento preventivo e control de calidade do servizo de augas.
– Un total de 3.400 metros cadrados de mantemento de zonas verdes na zona do parque de A Graña e da praza Vella. Ademais de traballos de poda nestas zonas.
– Revisión do funcionamento e estado dos xogos no parque infantil.
– Instalación de novas unidades de bancos na praza Pardo de Cela e no parque da Graña.











