publicidade hoxe

O alcalde de Fene reitera que a N 651 é competencia de Fomento e asegura que as demandas están trasladadas e as xestións feitas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, aclarou de novo que a estrada N651, na que se emprazan as coñecidas como curvas de Santa Ana, é competencia do Ministerio de Fomento e, por tanto, calquer tipo de actuación na vía lle corresponde ao citado departamento estatal.

Nesta liña, o rexidor apuntou que o goberno local é consciente da perigosidade dese punto e, por tanto, nos últimos meses realizou todas as xestións que están na súa man para que o ministerio dé unha solución. Por iso, encargou a elaboración dun estudo á Policía Local con todos e cada un dos atestados rexistrados e un informe no que se plantea a perigosidade da vía. Xestionou unha entrevista de traballo cos responsables de Fomento en Coruña, que chegou en decembro, e presentou a documentación por rexistro. No encontro, trasladou a necesidade de tomar medidas e logrou o compromiso de reforzar a sinalización no citado tramo. Así mesmo, os responsables do ministerio lle trasladaron que calquer medida sobre o firme deberá ser estudada polos técnicos. Hai un mes.

É por isto que o alcalde considera inxustificadas ás críticas recibidas por parte do PSOE sobre as xestións realizadas ou a pasividade que lle achacan ao seu equipo. Especialmente cando, recorda o rexidor, na anterior lexislatura, con goberno socialista, a mesma estrada estivo un ano enteiro sen a última capa de rodadura, co conseguinte perigo. Nese sentido, o alcalde pregúntase se iso non é pasividade para dar agora leccións.

Non só iso, o alcalde lembra tamén como, ante a proximidade de eleccións e a raíz das protestas veciñais e para tentar acalalas, o mesmo goberno socialista apresuraba a Fomento para iniciar en Fene e non en Betanzos, como estaba previsto, unha actuación de reposición do firme. Esas presas obrigaron ao actual goberno municipal a renunciar á obra de abastecemento de auga potable á Porta do Sol que se ía financiar con cargo a un dos catro Plans de Obras Provinciais (POS) que o anterior goberno socialista non foi quen de sacar adiante. É é que, ao estar a citada estrada en garantía tras as recentes obras, o Ministerio de Fomento non autorizou a cortar de novo o vial para soterrar a tubería e repor posteriormente o pavimento, como era intención do executivo de Gumersindo Galego.

28 de xaneiro de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.