O alcalde da Coruña celebra con 88 matrimonios da cidade as súas vodas de ouro

Parellas coruñesas que celebran as vodas de ouro
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, asistiu hoxe ao acto que organizou a Concellaría de Servizos Sociais en Palexco para celebrar as vodas de ouro de 88 matrimonios coruñeses que quixeron participar nesta iniciativa pioneira na cidade.
Hoxe estamos a celebrar con 88 parellas os seus 50 anos de casados, celebrando cando nun momento dado se encontraron na vida. Souberon ter un proxecto común e compartiron moitas historias e experiencias”, afirmou o alcalde coruñés.
Carlos Negreira tamén destacou a “ilusión” que teñen estas parellas que xa forman parte da “transformación” que viviu a cidade nestes últimos 50 anos. “Son unha escola de sabedoría e superación, de saber encontrarse e de compartir, de comprensión mutua e de vivir un proxecto común,” sinalou o alcalde.
As parellas que participaron no evento organizado pola área de Servizos Sociais que dirixe Miguel Lorenzo cumpriron ou cumpren 50 anos de casados. Así, todos os matrimonios participantes residen na cidade da Coruña e casáronse entre o 1 de xaneiro de 1964 e o 31 de xaneiro de 1965.











