O Acanor finaliza a primeira volta no quinto posto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportes
A-
A+

Este sábado o grupo A da primeira nacional fixo un punto e a parte. Con esta decimo quinta xornada chegase o ecuador da competición e deixa paso a un segundo tramo que promete moita emoción e con moito por resolverse.

Ata sete poden ser os equipos implicados na loita polas plazas de ascenso. Cisne e Seis do Nadal amosaronse coma os planteis máis regulares nestes primeiros quince encontros, cedendo tan so 2 e 4 puntos respectivamente. O Cisne é lider en solitario, e agora mesmo, principal favorito ao sector. Os de Edín Covelo levan varios anos a tentar estar entre os mellores da liga, e este podería ser o definitivo. A plantilla está formado principalmente por xente nova, na que destaca Andrés Sánchez, apoiado na experiencia do incombustible Rafa Dasilva.

Máis sorpresa está a ser o Seis do Nadal. O equipo de Coia sufriu baixas importantes este verán, e non era da partida dos favoritos. Sen embargo, grazas a unha gran defensa, e un xogo rápido e vistoso, convertironse nun rival moi compricado de vencer.

Os que si partían como favoritos eran Construcciones Castro e o Acanor Novás. Por historia e planteles, estaban nas quinielas dos entendidos na materia. Sen embargo, a irregularidade do Novás no primeiro tramo da tempada, e os puntos que deixou escapar o Chapela fan que o encontro de este sábado, no que ambos conxuntos se ven as caras, sexa decisivo. Actualmente os de Teixeira están a tres puntos do Magope e o Acanor a 5, polo que unha nova derrota complicaría moito o seu obxectivo.

Quenes tampouco están descartados e sen facer ruido manteñen intactas as suas opcións son Xiria e SAR. A entidade de Carballo e xa unha habitual nestes menesteres, e a pesar de que cada vran perde pezas importantes, consigue reporse e pelexar ata o final.

E outro clube que non quere arroxar a toalla e o Lalín, unha das mellores escadras do grupo, e que parecía que tiraba a campaña tras perder ante o Novás, non foi así e este último fin de semán asaltou a sempre dificil pista de Chapela.

12 de xaneiro de 2015 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.