Novos cursos da Rede Cemit no Concello de Poio
Do luns 19 ao martes 20 de xaneiro realizarase o curso “Uso seguro da Internet”, co que se informará e se aconsellará aos asistentes nas boas prácticas no uso de Internet para unha navegación segura e responsable. Ao finalizar o curso o usuario coñecerá como identificar un web auténtica e lexitima, como protexer a súa privacidade e o uso seguro dos seus datos na Internet. O horario será de 10:00 a 12:30 horas. Requírese coñecementos básicos do manexo do ordenador e dalgún navegador de Internet.
Do luns 19 ao venres 23 de xaneiro realizarase o curso “Iniciación á Informática”.Con este curso preténdese que o usuario obteña os coñecementos básicos para manexar un ordenador. O usuario ao finalizar o curso poderá manexar o rato con soltura, familiarizarse co escritorio e as ventás e aprender a xestionar arquivos e carpetas (crear, eliminar, copiar, etc.). O horario será de 17:00 a 18:30 horas. Non se requiren coñecementos previos.
Do luns 26 ao xoves 29 de xaneiro realizarase o curso “Iniciación á Internet”. A rede Internet e un dos medios de comunicación máis importantes na actualidade que empregamos a diario. Dado o seu alcance mundial, rapidez e dispoñibilidade faise necesario ter alomenos unhas nocións básicas da procura de información na rede.
Neste curso utilizarase os navegadores de software libre Mozilla Firefox e o gratuíto Google Chrome para que os usuarios poidan comprender o mundo do hipertexto das páxinas web. O usuario ao finalizar o curso poderá utilizar aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede Internet. Coñecerá alomenos un navegador de Internet, saberá como introducir enderezos na barra de enderezos do navegador e como realizar procuras sinxelas nun buscador, aprenderá a seguir os enlaces e a navegar polas páxinas web. Requírese coñecementos básicos de ordenador. Horario será de 19:00 a 20:30 horas.
AULA ABERTA
A Aula Cemit de Poio funcionará en Aula Aberta nas seguintes datas e horarios, durante os cales calquera usuario que o desexe poderá facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula:
Luns 12 a mércores 14 de 10:00 a 12:30 horas
Luns 12 ao venres 16 de 17:00 a 20:30 horas
Luns 19 ao venres 23 de 19:00 a 20:30 horas.
Luns 26 ao mércores 28 de 10:00 a 12:30 horas.
Luns 26 ao xoves 29 de 17:00 a 18:30 horas.
Venres 30 de 17:00 a 20:30 horas.
A Rede CeMIT configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Poio sita en Carreiro do Campo, 17. Combarro. 36993 – Poio, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 986770001 (Ext. 321) ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.poio @xunta.es











