Novo servizo de atención á cidadanía en Cerdido
O concello de Cerdido contará, a partir de mañá venres, cun novo servizo de atención á cidadanía, xa que os venres de 10:00 a 14:00 estará no concello a Técnica da Oficina de Fomento Cooperativo do Ortegal.
A Oficina de Fomento Cooperativo do Ortegal, iniciou a súa andaina o pasado mes de outubro grazas ao apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo.
A actividade da Oficina de Fomento Cooperativo do Ortegal está integrada na Rede Eusumo, e dará apoio ás iniciativas de fomento nos Concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira.
Algúns dos servizos que se realizan na OFC son:
- Asesoría e acompañamento de proxectos.
- Accións formativas e informativas de promotores.
- Elaboración de plans empresariais.
- Seguimento e titorización dos proxectos cooperativos en xestación.
- Formación e divulgación de fórmulas cooperativas así como coordinación das actividades de fomento e promoción.