Noite de Reis accesible representarase no Teatro Colón da Coruña o 9 de xaneiro
O próximo 9 de xaneiro, a Iliria creada por Shakespeare, e adaptada por Rosa Fernández Cruz e Diana I. Luque chegará ao Teatro Colón da Coruña. O reino imaxinado polo autor inglés convértese, como por arte de maxia, nun circo no que damas, cabaleiros e bufóns, se disfrazan de trapecistas, xefes de pista e pallasos.
Noite de Reis continúa así a súa exitosa xira por toda España, que a levou a festivais tan importantes como o Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro o pasado xullo.
Para Isabel Romero de León, produtora do espectáculo, e directora de produción de títulos tan importante como A venus das peles ou Taitantos, “a nosa versión de Noite de Reis é fresca e divertida, unha forma de achegar o mellor Shakespeare aos mozos, sen perder a calidade deste fantástico texto” Para Rosa Fernández Cruz, que conta no seu haber con direccións como Cabaré, El Principito ou O rei Lear, “Noite de Reis é unha escusa para gozar do mellor Shakespeare, e velo coa mirada limpa e ilusionada que ten o neno que todos temos dentro”
Pero por riba de todo, os grandes atractivos desta proposta son os seus actores: uns actores magníficos, dominadores de diversas técnicas (acrobacias, aéreos, clown…) e a música composta por Pedro Esparza, que adquire un gran protagonismo e encaixa perfectamente na obra, e que é interpretada maxistralmente por propios os actores en directo.











