Nigrán obtén 65.664 euros para a mellora de camiños rurais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán obtén unha subvención por valor de 65.664 euros procedentes do Plan Marco da Xunta de Galicia para a mellora de camiños do rural, que o goberno municipal empregará en tres viais da parroquia de Camos, máis concretamente, Milisozas, Lodeiro e Rial.

Este programa da administración autonómica ten como obxectivo a ampliación, mellora e mantemento dos camiños do rural, e está financiado con fondos FEADER da UE.

17 de xaneiro de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.