Nigrán adhírese á plataforma electrónica FACe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O goberno municipal dá un paso máis no seu obxectivo de achegar a administración local ao cidadán ao adherirse á plataforma electrónica FACe, “Punto xeral de entrada de facturas electrónicas”. Esta ferramenta da Secretaría de Estado das Administracións Públicas, facilitará a presentación electrónica de facturas a todos os provedores do concello.

Esta medida súmase a outras adoptadas polo goberno municipal ao longo deste mandato para achegar a administración aos veciños, así como abaratar e facilitar os trámites con outras administracións, entre as que destacan a recuperación da tramitación do DNI en dependencias municipais, a habilitación do portelo único ou a posibilidade de tramitar o cambio de domicilio nos permisos de circulación e condución.

Os códigos de usuario pódense consultar na páxina Web municipal, na área de intervención ou na sección Avisos, da páxina de inicio.

14 de xaneiro de 2015 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.