Néstor Díaz reforza a portaría do Celta B

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O Real Club Celta pechou a contratación do gardameta Néstor Díaz, para reforzar a portaría do equipo filial. O xogador catalán, que chega libre á entidade viguesa, asina 6 meses con opción a 4 tempadas máis.

Tras xogar nos xuvenís da UD Almería, Néstor Díaz (1992, Sabadell) militou na Ponferradina B e no Sevilla C. No conxunto andaluz chegou a participar co Sevilla Atlético en varios partidos e mesmo realizou unha pretempada co primeiro equipo sevillista. Néstor formou parte esta tempada do Espanyol B, club dende o que chega en calidade de libre a Vigo.

24 de xaneiro de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.