Nelson Quinteiro presenta en Bueu o disco “Orquesta Gharbo!”
Nelson Quinteiro presenta en Bueu unha nova adaptación dos temas do disco “Orquesta Gharbo!” acompañado dunha nova formación na que conta con guitarra, saxo e traveseira, percusión, violin e piano.
CONCERTO: Nelson Quinteiro. ORQUESTA GHARBO!
LUGAR: Sala Aturuxo de Bueu
DATA: Domingo 25 de xaneiro. 20:30 h
PREZO DAS LOCALIDADES: 6 € (5 € anticipada)
ENTRADA + DISCO “Orquesta Gharbo!”: 10 €
FORMATO: SEXTETO: Nelson Quinteiro (voz, pedais), Álex Lorenzo (guitarra, pedais, coros) e Ólivier Cano (traveseira, saxo), o músico cangués farase acompañar do Trío Caspervek formado por Brais González Pérez (Piano) Eduards Vecbaštiks (Violín) e Blas Castañer Ibáñez (Percusión)
O vindeiro domingo 25 de xaneiro Nelson Quinteiro fará a presentación do disco “Orquesta Gharbo!” na sala Aturuxo de Bueu presentando unha nova formación en SEXTETO na que ademais de Álex Lorenzo (guitarra, pedais, coros) e Ólivier Cano (traveseira, saxo), o músico cangués farase acompañar do Trío Caspervek formado por Brais González Pérez (Piano) Eduards Vecbaštiks (Violín) Blas Castañer Ibáñez (Percusión).
O resultado desta xuntanza, da que xa puidemos ter un adianto no Auditorio Municipal de Ourense o día 18 de decembro do pasado ano é un son envolvente e delicado que empaca os temas de Nelson Quinteiro dun xeito novo e moi interesante.











