publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Neda celebra o Festival Benéfico a favor de Párkinson Ferrolterra este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Casa da Cultura de Neda acollerá este sábado, 24 de xaneiro, o Festival Benéfico a favor de Parkinson Ferrolterra. Unha gala, conducida polo showman local Dani Ríos, que principiará ás seis da tarde. Na mesma, colabora o Concello a través da Concellería de Servizos Sociais. O prezo da entrada é de cinco euros, que se destinará integramente a soster a labor asistencial de Parkinson.

Así, tamén dará dereito a participar no sorteo de diferentes agasallos, como dúas cestas cedidas polo Concello, unha labor aportada pola Asociación de Amas de Neda e un collage que entega o fotógrafo Tomás Morado. Colaboracións que agradece moi especialmente o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo. Música, maxia e bo humor serán os principais ingredientes do festival. Así, intervirán no mesmo a formación local Los Zares e máis a rondalla Lucero del Alba. Xunto a eles, o mago Dani García ofrecerá o seu espectáculo ao público asistente, e Dani Ríos o seu mellor repertorio.

O presidente de Parkinson Ferrolterra, Gerardo González, aproveitou a ocasión para animar á veciñanza a facerse socio da asociación. Para iso, tan só é preciso poñerse en contacto con esta a través do teléfono 981 35 95 93 ou do correo parkinsonferrol@yahoo.es.

20 de xaneiro de 2015 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.