Mostra fotográfica en Monforte sobre a cultura popular e as tradicións nas aldeas galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonforte de Lemos
A-
A+

Do 26 ó 31 de xaneiroa Casa da Cultura de Monforte de Lemos acolle unha exposición sobre eventos e tradicións da cultura popular.

Coincidindo co décimo cabodano da posta en marcha da plataforma dixital “Aldeas Galegaseas súas Tradicións”, preséntase unha mostra impresa de páxinas con fotografías dalgúns dos eventos que se celebraron nestes anos. A autora da mostra recompilou imaxes de tradicións, feiras, oficios e costumes en diferentes vilas e aldeas galegas.

Entre asimaxes recollidas pola autora para esta plataforma online ó longo dunha década, destacan as do mundo rural, tales como as que forman parte da súa particular guía anual da hortagalega, da tradición da matanza doporco ou doEntroido. Outras reflicten eventos públicos como feiras e festas do viño, do polbo, da augardente, doaceite …

A mostra, que poderá visitarse na Casa da Cultura monfortina durante a última semana de xaneiro en horario de 9 a 13.30 e de 16 a 21:00 h, está organizada por iniciativa de María del Rocío Rodríguez López, (Peruchela) econta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

23 de xaneiro de 2015 | 11:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.