Monforte acolle o primeiro Campionato de Xadrez por Idades
O Club de Xadrez Xadrezforte e o Concello de Monforte organizan o “I Campionato de Xadrez por Idades”, que se celebrará o domingo día 25 de xaneiro.
O campionato desenvolverase no Centro do Viño da Ribeira Sacra entre as 10:00 a as 14:00 h.
O campionato está dirixido a persoas de tódalas idades, establecéndose cinco categorías diferentes: sub – 8, sub – 10, sub – 12, sub – 14 e absoluta. Cada un dos/das participantes disputarán un mínimo de 6 roldas de 10 minutos cada unha.
A inscrición é gratuíta e está aberta a toda a cidadanía. As persoas interesadas en participar poderanse inscribir chamando ó teléfono 698151558.
Dende a concellería de Deportes do Concello de Monforte e dende a dirección do Club de Xadrez “Xadrezforte”, animamos a tódalas persoas a participar nesta primeira edición do campionato.











