Metropolis Comics gaña o concurso de escaparates de Nadal na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Entrega dos premios aos escaparates gañadores da campaña de Nadal na Coruña

Entrega dos premios aos escaparates gañadores da campaña de Nadal na Coruña

A concelleira de Comercio, Luisa Cid, entregou esta mañá os premios do Concurso de Escaparatismo de Nadal organizado pola área de Emprego e Empresa para dinamizar o comercio coruñés. O acto celebrouse no establecemento gañador. Trátase da tenda Metropolis Comics, da Asociación de Comerciantes Fernández Latorre-Catro Camiños. No acto tamén se fixo entrega dos premios aos finalistas: as tendas Víctor Ares, de Distrito Mallos; Confeitaría Chana Tartamóvil, da Asociación de Comerciantes Castrillón, Eirís e Monelos (ACOCEM); Migas Dulces Bocados, da Asociación Monte Alto; e Mamamala, de Obelisco.

O Concurso de Escaparatismo de Nadal 2014 foi o máis participativo da historia do certame, con 109 comercios inscritos, superando en 19 o número de locais comerciais da edición do pasado ano, tal e como destacou a concelleira na súa intervención, quen valorou a orixinalidade e calidade dos escaparates premiados. O gañador do certame, con 10.000 euros en premios, recibe 3.000 euros e 1.000 euros cada un dos catro finalistas. Así mesmo, as asociacións de comerciantes dos premiados reciben 500 euros.

14 de xaneiro de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.