Medio centenar de negocios xa son Socio Protector do Rio Natura Monbus Obradoiro
O Rio Natura Monbus Obradoiro invita ás pequenas e medianas empresas de Santiago de Compostela e comarca a asociar o seu negocio ao único club galego da Liga Endesa. Desde o club quérese fomentar a figura de Socio Protector, un tipo de colaboración que xa existía nos anos 80. Esta figura de micromecenazgo axuda a ampliar a base empresarial que apoia ao club.
Adaptándose ás circunstancias actuais, o Rio Natura Monbus Obradoiro ofrece varias posibilidades para ser Socio Protector, con diferentes contraprestacións para cada un. As posibles colaboracións son de 250, 350 e 450 euros, e todas elas implican diferentes produtos: distintivo de Socio Protector, merchandising exclusivo, invitacións a partidos do equipo ou ata matrículas gratuitas para as instalacións deportivas do Complexo Multiusos Fontes do Sar-Santa Isabel.
Pero ademais, desde o club vanse a fomentar dúas iniciativas para os socios protectores:
– A Guía de Promociones Obradoirista, onde os asociados poderán ofrecer as súas vantaxes aos nosos abonados en calquera mes do ano. Ademais, esta guía terá presenza os días de partido para informar á nosa afección das ofertas que hai dispoñibles.
– A Ruta Obradoirista, onde se implicará aos establecementos de hostelería colaboradores para fomentar o consumo nestes locais. Os clientes poderán conseguir entradas e outros agasallos interactuando mediante as redes sociais do club co hashtag #RutaObradoirista.
Máis de medio centenar de establecementos xa se sumaron a este proxecto e aportaron o seu gran de area para seguir tendo baloncesto de élite na capital de Galicia. Para máis información consulta a web www.obradoirocab.com ou podes poñerche en contacto co Departamento de Marketing do club nos teléfonos 981 558 448 / 606 006 402.











