Marín gardará un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista
Tal e como se acordou na Moción do 25N, dos grupos políticos municipais sobre a Declaración da Mesa contra a Violencia de Xénero co apoio do Consello Municipal da Muller do Concello de Marín, aprobada polo Pleno da Corporación, recóllese textualmente:
“A corporación municipal comprométese a realizar unha concentración para gardar un minuto de silencio, cada vez que se cometa un asasinato machista en España, independentemente da localidade no que suceda”
Por este feito, ás 12.00 horasda mañá do día 14 de xaneiro, diante da casa consistorial, haberá unha concentración para gardar un minuto de silencio como repulsa polo asasinato machista acaecido nas últimas horas.











