Manuel Baltar apela á presunción de inocencia para Pachi Vázquez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Europa Press

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, apelou este venres á presunción de inocencia e ao respecto aos procesos xudiciais no caso do parlamentario socialista Pachi Vázquez, “igual que para persoas que representan a outros partidos políticos”.

Así o manifestou Baltar a preguntas dos medios sobre o exsecretario xeral do PSdeG despois de transcender que a Fiscalía propón o seu procesamento por un delito continuado de prevaricación, en relación a contratos do período en que foi alcalde do Carballiño (Ourense), ata 2005.

Ademais, Baltar reiterou, como en ocasións anteriores, que non ten “ningunha extra” respecto a outras manifestacións “calquera, feitas nos últimos tempos sobre outras persoas e outras situacións xudiciais”, en relación á coincidencia do tipo de delito supostamente atribuído a Pachi Vázquez e ao anterior presidente da Deputación José Luis Baltar Pumar, condenado a nove anos de inhabilitación.

“Haxa ou non coincidencias nos casos, a coincidencia no meu pensamento e no meu criterio está en defender a presunción de inocencia e respecto a procesos xudiciais”, concluíu Manuel Baltar.

16 de xaneiro de 2015 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.