Máis de 20 máquinas e 42 operarios despexan a neve das estradas provinciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Deputación de Lugo mantén activo un dispositivo do Plan Invernal formado por 42 operarios que están a actuar nas estradas provincias para garantir a circulación e a seguridade dos usuarios logo das precipitacións en forma de neve caídas nas últimas horas. Operarios e maquinaria, 8 quitaneves e 16 tractores de cuña neste caso, están a traballar de xeito continuo para despexar a neve das vías da rede provincial, en particular naquelas que discorren polos Concellos da Montaña.

O dispositivo mobilizado pola Deputación está a actuar nas estradas LU-P-1306 e 5601 ao seu paso polo Concello de Folgoso do Courel; nas LU-P-1401, 1411 e 1412 no municipio de Cervantes; na LU-P-5001 e 5004 no de Quiroga; na LU-P-3502, ao seu paso polo Concello de Navia de Suarna, e nas estradas LU-P-0708 e 3601 na Fonsagrada. Esta última, que vai dende o Alto do Acebo a Negueira de Muñiz, é un dos portos máis complicados da rede viaria provincial. En todas elas se recomenda circular con precaución.

Os operarios e as máquinas seguirán actuando ininterrompidamente para garantir a maior seguridade posible aos usuarios.

16 de xaneiro de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.