Máis de 150 profesionais da hostalería, gastronomía e comunicación participaron na XLVII Feira do Cocido en Barcelona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLalínLocal Portada
A-
A+
Presentación en Barcelona da 47ª Feira do Cocido

Presentación en Barcelona da 47ª Feira do Cocido

Asistiron: Eduardo Punset, o último pregoeiro da Feira (ano 2014), ademais dos empresarios galegos Julio Fernández, Ernesto Lagaróns, Leopoldo Clavería e Cándido Iglesias Barciela, Manoel Carrete (presidente do Centro Galego en Barcelona), Álex Salmón (director de El Mundo de Cataluña), Joan Pujol (secretario xeral de Fomento de Traballo), Philippe Regol (Premio Nacional de Gastronomía), Albert Molins Recart (director da revista de cultura gastronómica Zouk Magazine), entre outros Crespo lanzou o convite a Amancio López, presidente de Hotusa, a formar parte da Encomenda do Cocido en agradecemento á contribución á promoción da Feira. Asistiu tamén o presidente da Deputación, Rafael Louzán e o concelleiro de Turismo de Lalín, José Antonio Rodríguez

A presentación da XLVII Feira do Cocido en Barcelona que tivo lugar hoxe na Sala Marítima do Hotel Eurostars Grand Marina, un cinco estrelas Gran Luxo situado no Muelle de Transatlánticos do porto condal e pertencente á cadea Hotusa, presididad polo galego Amancio López, congregou a máis de 150 asistentes entre autoridades, touroperadores, empresarios do sector da hostalería, medios de comunicación e blogueros gastronómicos.

O primeiro en chegar foi Eduardo Punset, pregoeiro da Feira do Cocido do pasado ano 2014, que departiu conversa antes de comezar o acto co alcalde de Lalín, José Crespo, e co concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez. Entre as autoridades, ademais de Crespo e Rodríguez, estivo presente tamén o presidente da Deputación, Rafael Louzán.

Asistiron ademais os empresarios galegos Julio Fernández, Ernesto Lagaróns, Leopoldo Clavería e Cándido Iglesias Barciela; Manoel Carrete (presidente do Centro Galego en Barcelona); Álex Salmón (director de El Mundo de Cataluña); Joan Pujol (secretario xeral de Fomento de Traballo); Philippe Regol (Premio Nacional de Gastronomía); Albert Molins Recart (director da revista de cultura gastronómica Zouk Magazine), ademais dun número moi representativo de bloggers.

Abriu o acto de presentación o presidente de Hotusa, o chantadino Amancio López, para dar as grazas aos promotores desta iniciativa, ao presidente da Deputación, ao alcalde de Lalín e ao concelleiro de Turismo de Lalín. Indicou que “o cocido é a representación da cociña tradicional, o marisco de cortello como lle chamamos a xente do interior”. Dixo ter en Lalín dous grandes amigos lalinenses, Florentino e Lamazares.

De seguido interviu o alcalde de Lalín, José Crespo, que indicou que se atopaba moi a gusto presentando a Feira do Cocido en Barcelona, por terceira vez (as anteriores foron nas Reais Atarazanas no 1999 e no Centro Galego nas Ramblas en 2013), grazas á bonhomía de Amancio, e en presenza de Eduardo Punset, pregoeiro da edición do ano pasado. Recordou tamén que a pregoeira no 2013 foi a catalana Susanna Griso.

Sinalou que “estamos hoxe aquí defendendo a dieta atlántica no mediterráneo e por iso este ano temos de Comendador ao prestixioso cardiólogo Juanatey”. De seguido, agradeceu a Amancio López “á oportunidade que nos dás a esa Galicia menos coñecida, a de interior”. “Debémosche unha grande” por contribuír á promoción da Feira do Cocido e en agradecemento “convídote a que formes parte da Encomenda do Cocido cando queiras”.

Ao remate da súa intervención, na que lanzou un convite aos presentes a que “cando vos acheguedes a Galicia, veñades a ver tamén esa Galicia interior, e que contribuades así a que o turismo sexa a terceira pata económica”, entregoulle a Amancio López unha figura do Naranxo “un soñador tolo que inmortalizou Laxeiro”, dixo, en “agradecemento do Concello de Lalín polo apoio que nos dás”.

Tras a quenda de parlamentos, ofreceuse unha degustación de Cocido de Lalín preparada polos restauradores lalinenses Álex Cabanas e Conchi Peiteado, co patrocinio de marcas como Aceites Abril, D.O. Monterrei, Vermú Petroni e Embutidos Lalinense.

23 de xaneiro de 2015 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.