Luis Gutiérrez, colaborador de Robert Parker, ratifica a evolución dos viños da D.O. Ribeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseRibadavia
A-
A+

A revista The Wine Advocate, do influinte crítico de viños a nivel mundial Robert Parker, publicou recentemente un artigo sobre Galicia e as súas Denominacións de Orixe de viños, coa puntuación dos viños catados no pasado mes de outubro, no que o responsable de catas en España para Robert Parker visitou varias adegas da Denominación de Orixe e fixo unha cata dos seus viños. Nesta ocasión decidiu incrementar o número de referencias con respecto ao ano anterior, pasando de 30 a 47 mostras, amosando así o crecente interese polos viños da D.O. máis antiga de Galicia.

Dos 47 viños valorados da D.O. Ribeiro, un total de 27 referencias (20 viños brancos, 6 tintos e 1 tostado) obtiveron 90 ou máis puntos, que están definidos como “viños espectaculares, de excepcional complexidade e carácter. En definitiva, trátase de viños fabulosos”. O resto de viños catados, 20 marcas (12 viños brancos e 8 tintos), catalogáronse entre 86 e 89 puntos, que se describen como “moi bos viños, con diversos grados de finura e carácter”.

En canto á valoración xeral da colleita 2013, Luis Gutiérrez sinala no seu artigo que “como me dixeron, foi unha vendima problemática, sen embargo os viños está na evolucionar bastante ben e teñen carácter atlántico moi boa acidez e frescura”. Así mesmo indica que “son viños serios, menos concentrados e amosan maior transparencia en cuanto ao terroir, así como o carácter mineral que a rexión é capaz de ofrecer.”

Puntuacións dos viños da D.O. Ribeiro na publicación

Adega Manuel Rojo

*2013 Manuel Rojo tinto 90

*2013 Manuel Rojo branco 89

Antonio Cajide Gulín

*2013 1040 Sameirás 90

*2013 Sameirás branco 89

*2013 Sameirás tinto 87

*2013 Viña do Avó branco 87

*2013 Viña do Avó tinto 86

Bernardo Estévez Villa

*2011 Issué 91

Bodegas Merencio

*2013 Merencio Treixadura JP 90

Casal de Armán

*2012 Armán Finca Os Loureiros 93

*2012 Armán Finca Minsenhora 92

*2013 Casal de Armán branco 90

*2013 Eira dos Mouros 89

*2012 Casal de Armán tinto 88

Coto de Gomariz

*2011 Coto de Gomariz Colleita Seleccionada 92

*2013 Gomariz X 91

*2010 Superhéroe 90

*2012 Salvaxe 89+

*2013 The Flower And The Bee Treixadura 89

*2008 Seica 89?

*2011 Wish 88

*2011 Abadía de Gomariz 88

*2013 Ailalá 88

*2013 The Flower And The Bee Sousón 87

*2010 Hush Silencio 87?

*2013 Coto de Gomariz ?

Emilio Rojo Banguses

*2012 Emilio Rojo 93

Herederos de Jesús Freijido

*2013 Fai un Sol de Carallo 93

*2013 El Paraguas Atlántico 92

Javier Monsalve Álvarez

*2013 Eloi Lorenzo 87?

José Estévez Fernández

*2013 Mauro Estévez 90

José Manuel Blanco Pérez

*2013 Val de Souto 86

José Meréns Martínez

*2012 30 Copelos 90?

*2013 Lagar do Meréns 90

*2011 Lagar do Meréns barrica 87

Luis Anxo Rodríguez Vázquez

*2010 Viña de Martín Escolma 94

*2010 A Torna dos Pasás Escolma 94

*2012 Viña de Martín Os Pasás 92

*2011 A Torna dos Pasás 91

*2011 Eidos Ermos 90

*2011 A Teixa 90?

Manuel Formigo de la Fuente

*S/C Tostado de Teira 93

*2013 Teira X 92

*2013 Finca Teira 91

*2013 Formigo 89

Viña Mein

*2013 Viña Mein 91

*2012 Viña Mein fermentado en barrica 90

9 de xaneiro de 2015 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.