Lúa Piñeiro acada a medalla de prata no Open de Grecia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Lúa Piñeiro (-67, Natural Sport) logrou esta fin de semana a medalla de prata no Open de Grecia, torneo G-!, puntuábel para o ránking mundial. A galega caeu na final coa representante de Serbia no punto de ouro, despois de facer unha competición espectacular. Ademais, na categoría júnior, Javier González (-63 quilogramos, Mace Sport) logrou a medalla de prata, mentres que Sara Cortegoso (-46 quilogramos, Mace Sport) foi bronce. Lúa Piñeiro gañou a Finlandia no punto de ouro (1-1) no primeiro combate, despois eliminou a unha grega (11-2), volveu a atoparse cunha taekwondista de casa con novo triunfo para Lúa (7-2) e caeu na final coa representante de Serbia –campioa de Europa de clubs- no punto de ouro (1-1).

Non foi a única participante galega no día de hoxe. Katya Calvar (Mat´s) tamén competía no mesmo peso, pero non tivo sorte no sorteo. Tocoulle no primeiro combate contra unha subcampioa do mundo turca, e caeu nun competido combate (4-3). A competición feminina galega completouse con Sabela López (+73, Patiño) que caeu ante unha deportista grega por 7-6. Na categoría masculina, Adrián Jiménez (-54 quilogramos, Natural), gañou a Albania (12-3) e caeu no segundo combate fronte a Grecia (2-0). Borja Ríos (-58, Hebe) superou na primeira rolda a Kazakstán e perdeu fronte a Serbia (12-3); Xian Silva (-80, Mace Sport), gañou a Grecia por diferenza de 12e caeu derrotado con Serbia (3-0); José Fernández pasou o primeiro combate contra Grecia (8-2) e perdeu con Montenegro (4-2).

Júnior

Na categoría júnior tamén houbo preseas para Galicia. Javier González (-63, Mace) logrou a medalla de prata e quedou moi preto do ouro, xa que este último combate se decidiu no punto de ouro. Javier gañou en primeira rolda a un deportista local (14-10), posteriormente enfrontouse con outro taekwondista de Grecia (8-7). En cuartos, outra vez Grecia (7-6), mentres que en semifinal enfrontouse a Dinamarca (16-15) e só perdeu na final contra Grecia no punto de ouro. Ademais Sara Cortegoso (-46, Mace Sport) logrou a medalla de bronce. A deportista gañou con facilidade contra Chipre (11-2) e perdeu nas semifinal contra Lituana. Así chegou a medalla de bronce.

Pola súa parte, Laura Dosil (-59, Natural Sport) gañou no primeiro combate fronte a Grecia (5-3), no segundo a Serbia (4-2) e caeu no terceiro por punto de ouro contra Grecia. Boa actuación da galega. Por último, suliñar que Miriam García (-63, Patiño), perdeu na primeira rolda con Grecia en punto de ouro.

18 de xaneiro de 2015 | 23:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.