Limítase o tráfico rodado no tramo da rúa do Sol entre Terra e Sánchez Barcáiztegui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Policía Local de Ferrol informa que a partir do vindeiro luns, día 12, se procederá á restrición do tráfico rodado no tramo da rúa Sol, comprendido entre Terra e Sánchez Barcáiztegui, debido ao inminente inicio das obras neste treito do viario. De todas formas, e co obxectivo de que as obras afecten o mínimo posible, a circulación de vehículos se manterá nos cruces da rúa Sol con Terra e con Méndez Núñez.

A Policía Local sinala que os vehículos que circulen pola rúa Concepción Arenal en sentido de subida serán desviados pola rúa María. Así mesmo, o tráfico de baixada ao centro da cidade pola rúa Coruña, dende Alegre, se desviarán por Doutor Fleming e e poderán continuar pola rúa Sánchez Barcaiztegui. A empresa “Acciona Infraestructuras S.A” se encarga da reurbanización da rúa Sol que permitirá a mellora integral do que é un dos principais viarios de acceso ao centro da cidade. A intervención completa na rúa do Sol, que forma parte dos compromisos asumidos polo Goberno Muncipal, ten un importe total de 799.879,85 euros (co 21% do IVE incluído), financiado con fondos europeos do Programa Urban Ferrol. A reurbanización da rúa Sol resolverá de maneira definitiva os afundimentos e deficiencias que presenta este viario; ademais de adaptalo a súa función actual como unha das principais rúas de acceso rodado ao centro histórico de Ferrol. A intervención inclúe a substitución do empedrado por un pavimento de formigón e a renovación do servizo básico de abastecemento no último treito da rúa.

9 de xaneiro de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.