Leo Nucci e Celso Albelo integran a nova programación de “Ferrol en clave lírica”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, Manuel-Reyes García Hurtado, presentou esta mañá a nova programación do ciclo musical “Ferrol en clave lírica” que se desenvolverá durante o primeiro semestre de 2015 no Auditorio de Ferrol. O edil de Cultura estivo acompañado polo crítico musical, César Wonenburger, quen destacou a calidade do equipamento ferrolán.

García Hurtado sinalou que esta segunda edición do ciclo de música clásica “contará con artistas de gran nivel internacional”, ao tempo que lembrou os concertos de Ainhoa Arteta, Borja Quiza e Juan Jesús Rodríguez que tiveron lugar durante o pasado ano e cos que comezou a programación cultural no novo Auditorio. Así, a continuidade do ciclo “Ferrol en clave lírica” se iniciará o día 8 de abril coa actuación do barítono italiano Leo Nucci, especialmente recoñecido no repertorio verdiano e verista. “Posiblemente sexa o único recital en España que o artista realice este ano”, engadiu Césa Wonenburger.

Así mesmo, o tenor español Celso Albelo se subirá o día 2 de maio ao escenario do Auditorio de Ferrol para ofrecer un concerto centrado na canción española e latina e as arias de ópera. O edil Manuel-Reyes García avanzou que o artista gravará o seu próximo traballo discográfico no equipamento ferrolán e destacou a súa gran proxección internacional con galardóns como o XX Premio Giuseppe Lugo, que recibiu en Italia.

16 de xaneiro de 2015 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.