Leo Harlem ofrecerá unha segunda función en Vilagarcía tras colgar o cartel de completo
O “TrendingTronching” de Leo Harlem obtivo os eu primeiro éxito en Vilagarcía catro semanas antes da súa representación. O espectáculo previsto para as 22:00 horas do día 7 de febreiro colgou hoxe o cartel de completo, polo que, ante a excelente acollida e a demanda aínda existente, a promotora e o artista decidiron ofrecer unha segunda función, ese mesmo día, ás 20:00 horas. As entradas xa están á venta.
O Auditorio de Vilagarcía está a piques de converterse en praza segura para o monologuista leonés que hai uns anos, cando actuara por vez primeira na cidade, xa lograra encher de arriba a abaixo as 754 butacas. Ahora non só iso, senón que a expectación que suscita o popular Harlem, incluso apunta moi boa entrada na segunda función do día 7 de febreiro. Leo gusta en Arousa e así o demostrou o vertixinoso ritmo de venda das entradas.
A venta de localidades para esta segunda función activouse esta mesma mañá, polo que os interesados xa poden adquirilas. Os prezos son de 18 e 15 euros (máis gastos de xestión) na venta anticipada a través de www.servinova.com ou do teléfono 902 504 500. De sobrar entradas, o día da función venderanse na billeteira do Auditorio a 20 e 17 euros.
Harlem virá a Vilagarcía a presentar os eu último espectácuo “TrendingTronching” acompañado do humorista Serxio Olalla, que lle dará a réplica aos agudos e desternillantes monólogos do habitual cómico de El Club de la Comedia.
A actuación de Harlem chega da man a promotora Etiqueta Negra que tamén traerá a Vilagarcía en marzo ao coruñés Luis Piedrahita.











