Josep Señé convértese na nova incorporación para o Celta B
O Real Club Celta pechou a contratación do centrocampista Josep Señé, nova incorporación para o filial celeste. O xogador catalán, que chega libre á entidade viguesa, asina por 1 tempada e media con opción a 3 máis.
Josep Señé (1991, Terrasa) formouse nas categorías inferiores do Terrasa FC, onde espertou a atención do Real Madrid. No ano 2010 o club madrileño fichou o xogador para o seu terceiro equipo, o Real Madrid C, no que Señé militou dúas tempadas. En 2012 o mediapunta catalán asinou polo Real Oviedo, conxunto co que acumulou unha grande experiencia na Segunda División B ao longo de dúas tempadas e media, nas que anotou ata 9 goles.











