Javier Gutiérrez roda “Vida”, o novo proxecto de Rubén Riós en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Equipo de rodaxe

Equipo de rodaxe

Vida narra a historia de Óscar, un mozo emprendedor con discapacidade intelectual que loita por sacar adiante o seu propio negocio como restaurador e creador de obras de arte e Helena, unha rapaza discapacitada que se enfronta ao seu día a día con certos problemas familiares de autoprotección e celos. Xunto a eles, un grupo de actores profesionais de primeiro nivel como Javier Gutiérrez (recentemente Premio Forqué como mellor actor e nomeado ao Premio Goya por La isla mínima), Cristina Castaño (protagonista da serie de éxito “La que se avecina”), María Mera ou Luis Iglesia entre outros.

A cidade de Ourense vivirá as súas rúas serán un estudio de cinema, rodando en lugares insígnes da capital como a Praza das Mercedes, a Praza do Ferro ou a Praza de Santa Eufemia entre outros. De novo, o rural volve ter unha presenza importante nos films de Riós, xa que recreará en Escudeiros (Ramirás), unha casa dos anos setenta.

A cinta conta co apoio de entidades públicas como o ICAA (Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais), Deputación de Ourense, Concello de Ramirás e Concello de Ourense e o patrocinio de Ecoourense, Bateamar, Cosaga, Hotel Francisco II e Gato e Anel Catering. Numerosas empresas e organismos prestan a súa colaboración á cinta como Inmobiliaria Vita Ksa, Fundación Coren, Secreto Galaico, Castañam, Osigourmet, Liceo de Ourense, Abramar Viajes e Vauto. Un equipo de máis de 30 profesionais estará detrás dás cámaras para captar e encadrar nun mesmo marco audiovisual, a vida.

30 de xaneiro de 2015 | 13:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.