Iván Alonso queda segundo e Alberto Díaz primeiro na Regata do Río Negro

Iván Alonso no podio
Iván Alonso quedou a oito segundos do triunfo final en K-1 sénior e Alberto Díaz gañou en K-1 máster na Regata do Río Negro que se disputou durante toda a semana en Arxentina. Os dous padexeiros do Kaiak Tudense foron os dous únicos galegos que participaron nunha das probas máis esixentes do mundo. Gañaron en total seis etapas e foron segundos noutras dúas.
A última xornada tiña un percorrido de 28 quilómetros entre San Javier e Viedma. Iván Alonso partía cunha desvantaxe de 32 segundos sobre Pascual Orellana, o seu grande adversario. A loita estaba entre ambos os dous. O tudense apostou pola forza e realizou constantes ataques. O seu rival respondeu. Non así os outros participantes que se foron quedando atrás.
Os últimos seis quilómetros foron unha loita entre os dous. Iván Alonso intentouno unha e outra vez nun gran desgaste físico. Pero Pascual Orellana foi capaz de dodificar as súas forzas.
O padexeiro do Kayak Tudense chegou á liña de meta con 24 segundos de vantaxe sobre o seu rival. Polo tanto, non logrou o seu obxectivo de superalo na clasificación final. Iván Alonso detivo o cronómetro en 1.39.48, un rexistro inferior ao que se adoita dar no maratón, unha proba máis longa. O terceiro na clasificación final foi Carlos Carrabo, xa moi afastado dos dous primeiros.

A Regata do Río Negro tivo un percorrido total de máis de douscentos quilómetros, inferior á doutras edicións e tamén ao que previra a organización. A suspensión da proba máis longa foi a que acurtou o percorrido previsto. Os padexeiros de varios países, entre eles varios europeos, deberon soportar o forte calor e tamén as condicións do río Negro. Outro dos detalles significativos foi a gran presenza de público en todas as probas.
Os padexeiros do Kaiak Tudense chegarán a Tui o próximo martes a última hora da tarde. Iván Alonso continuará despois os seus adestramentos para a actual tempada, na que ten volve ter como principais obxectivos o Campionato de España, de Europa e do Mundo.